O mércores 1 de outubro realizamos unha das primeiras actividades previstas dentro do noso proxecto "A raíz de todo", co cal participamos en Voz Natura. Os alumnos e alumnas da Eso, xunto coas titoras, fixeron un roteiro polos montes da parroquia de Sedes (Narón). Alí a través dunha actividade organizada polo concello de Narón, os rapaces tiveron a oportunidade de poder coñecer as especies de árbores autóctonas, diferenciar tipos de bosques, sorprenderse coas múltiples pegadas de animais atopadas, fixarse nas postas de anfibios nunha charca, descubrir os primeiros fungos, recoñecer os nosos ecosistemas e sobre todo compartir unha mañá diferente rodeados do máis valioso que temos, a Natureza.
Aldea Nova- Sedes |
Ningún comentario:
Publicar un comentario