O pasado venres 11 de marzo realizamos unha plantación de
castiñeiros noso patio. Foi unha mañá na que a temperatura e o sol nos acompañaron. Foi o noso particular Día da Árbore, todos os rapaces, rapazas e profesores do cole colaboraron tanto na plantación como na lectura dun manifesto e dun
poema de Manuel María titulado
"A natureza". Esta é unha das actividades programadas dentro do proxecto "A raíz de todo" de
Voz Natura.
|
Educación Infantil e Primaria |
|
Todos axudan |
|
Alumnas de 5º EP |
|
Alumnos de 4º ESO plantando os castiñeiros. |