Páxinas

martes, 10 de setembro de 2013

Preparados, listos... xa comezamos!

Comezamos un novo curso, supoño que cheos de enerxía e sempre bos propósitos. Oxalá ese espíritu se manteña e que traballemos xuntos por aprender, que nunca está de máis. Para darvos a benvida déixovos un bonito debuxo da ilustradora segoviana Mónica Carretero...



martes, 20 de agosto de 2013

Verán con libros


Xa pasamos o ecuador das vacacións do verán, espero que todos as esteamos a disfrutar. Facédevos acompañar daquilo que máis vos guste: a xente, os lugares, os aromas, os sabores... e por suposto un libro. Aquel que vos enganche, que vos diga algo, que vos identifiquedes con el... Buscádeo e feliz lectura e feliz verán!!!