O venres 22 de xuño o escritor ferrolán Manuel J. Díaz Vázquez vai presentar a traducción ao galego dun libro da súa autoría. A obra leva como título "Ás vacas da señora Helena non lles gusta o pemento picante", e transpórtanos a unhas vacacións de verán nunha paisaxe ideal, unhas vacacións de recordos, de humor... É a súa primeira novela na nosa lingua, así que animámolo a seguir escribindo en galego.
Manuel J. Díaz Vázquez naceu en Ferrol no ano 1960. Estudou filosofía e desenvolveu unha activa faceta literaria. A súa primeira novela titulouna Queso fresco con membrillo. Foi finalista do premio La isla de las letras con La calavera de Yorick. Outro dato interesante da súa biografía é que estodou no noso centro; por certo, adiantounos que a súa próxima novela ten que ver cos seus anos de estudante. Agardámola.
A presentación do libro terá lugar o venres 22 de xuño ás 20,30 h no Local da Asociación de Veciños da Gándara. No acto estará acompañado polo coñecido escritor Antón Cortizas.
Aquí vos deixo unha foto dunha paisaxe ideal, sabedes onde é?