Páxinas
venres, 21 de decembro de 2012
mércores, 12 de decembro de 2012
12.12.12
Hoxe celebramos o centenario do nacemento do escritor Celso Emilio Ferreiro, escoitade o seu poema "Deitado fronte ao mar" interpretado polo grupo Dios ke te crew.
"O mellor agasallo"
Este mes é tan intenso que parece que todo vai á présa: os festivos, o frío, os exames, as vacacións de Nadal, as festas, eses agasallos tan esperados.
Todos ides recibir algún agasallo especial: roupa, cartos para a excursión de fin de curso, algún xogo... pero recordade que o mellor agasallo é disfrutar destas festas cos que máis queredes e máis vos coidan. Fagamos realidade este agasallo tan especial...
"Etiquetados en galego, por favor"
Recordade na casa a importancia de consumir productos da terra, etiquetados en galego, para galeguizarnos, para axudarnos e para gañar en calidade. Consume productos galegos: leite, pan, queixo, mel, iogures e... que aproveite!!
"Felicita o Nadal en galego".
Xa estamos no mes de Nadal e un ano máis participastes no concurso de debuxo "Felicita o Nadal en galego". O xurado tívoo moi difícil para escoller gañador que vós coñeceredes pronto, xa que o vindeiro 21 de decembro recibiredes unha postal de felicitación co debuxo gañador impreso. Para que vaiades facéndovos á idea de que xa case estamos inmersos no Nadal aquí vos deixo o seguinte vídeo de Mamá Cabra: "Na casa da miña avoa"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)