Páxinas

mércores, 8 de novembro de 2017

O Pergamiño Vindel


Este documento data de finais do século XIII e contén sete cantigas do trobador galego Martín Códax.
Foi descuberto por Pedro Vindel no 1914, e depois de pasar por varias mans, acabou na J. Piertpont Morgan Library de Nova York, onde se atopa desde o 1977. Actualmente atópase en Galicia, e desde o mes de outubro ata marzo de 2018 podemos visitalo Museo do Mar de Galicia na cidade de Vigo.




Luis Davila

sábado, 4 de novembro de 2017

Samaín e Magosto

Na mañá do 31 de outubro celebramos no noso centro dúas festas de longa tradición: o Samaín e o Magosto. Toda a comunidade educativa participou na organización da festa, especialmente os membros da ANPA encargados de preparar castañas e leite. Tamén nos sorprenderon cun barco pirata escuro e cheo de terroríficos personaxes.🌰🌰🌰


domingo, 29 de outubro de 2017

O Samaín



O martes celebraremos no cole a festa do Samaín, así que estes días nas aulas terémonos que poñer ao día para saber cousas sobre a súa orixe, as cabazas, a festa dos mortos... moitas cousas interesantes e curiosas que agocha esta festividade. Irémolas descubrindo. A continuación déixovos uns enlaces con recursos para poder traballar a unidade do Samaín.

  • http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmestremanuelgarcia/system/files/Recursos%20Sama%C3%ADn%20ON%20LINE%20enlaces.pdf
  • Presentación do IES Porto do Son: http://www.authorstream.com/Presentation/biblioson-591631-vai-de-medo/

O seguinte vídeo cunha canción de Mamá Cabra foi elaborado pola biblioteca do Ceip Mestres Goldar


E o seguinte vídeo sobre o conto CORRE, CORRE CABACIÑA foi elaborado polo Ceip Pedrosa (Celeiro)


mércores, 21 de xuño de 2017

Xogando ao Muíño

Onte deseñamos un antigo xogo de mesa  baseado na concentración e na reflexión: o muíño ou alquerque. Os rapaces e rapazas de 1º ESO botaron unhas cantas partidas deste entretido xogo que xa aparecía nalgúns petróglifos achados no noso país.

.

martes, 13 de xuño de 2017

venres, 2 de xuño de 2017

Festa Voz Natura 20 aniversario

Exposición do noso proxecto "Herbas de aquí e de acolá"

Gracias

Termina outro ano máis en Voz Natura, o noso segundo ano participando. Dos dous proxecto s aprendimos moito, sobre todo a traballar xuntos, a interesarnos polo que nos rodea, a valorar aos compañeiros, a entusiasmarnos polo que facemos contaxiados sempre polos rapaces e rapazas cos que traballamos e convivimos. Así que un ano máis moitas gracias e moitas ganas de seguir facendo as cousas en equipo.

Membros Equipo Voz Natura do cpr Jorge Juan

martes, 30 de maio de 2017

Concurso Trampeo

Con motivo da Día das Abellas, alumn@s do cole participaron nun concurso promovido pola Asociación Galega de Apicultura (AGA), no que lles ensinaban a crear trampas caseiras para velutinas, especie que actualmente supón unha seria ameaza para as colmeas e para a producción de mel da comarca. Así que os rapaces e rapazas de primaria puxéronse mans á obra e como resultado do seu traballo recibiron agasallos relacionados co mundo das abellas. 

Entrega de agasallos no Centro Comunitario Manuela P. Sequeiro

martes, 23 de maio de 2017

Stop Velutina


Dentro das actividades do noso proxecto de Voz Natura destacou este ano o espazo adiado ao coñecemento e á protección do mundo das abellas. Por este motivo invitamos o mes pasado a membros da Asociación Galega de Apicultura (AGA) para que nos falaran do mundo das abellas e nos axudase a coñecelo mellor. Tras explicar todas as amenazas ás que están expostas, pareceunos moi interesante o traballo que se está a desenvolver en toda a comarca para loitar contra a vespa velutina. Ensináronnos a facer trampeo, e moitos dos nosos alumnos participaron coas súas propias trampas co fin de evitar que as vespas raíñas fagan niños e acaben amenazando as cosas colmenas.



venres, 14 de abril de 2017

A plantación

A comezos de abril recibimos algunhas plantas aromáticas e decidímonos a deseñar entre todos o noso pequeno xardín. Aínda faltan plantas por chegar, pero mentres movemos algo a terra e preparámola para plantar unha maciñeira autóctona que agardamos que dentro duns anos nos dea mazás de cedo, en xuño. Agradecer o traballo a todos os rapaces e rapazas da ESO que colaboraron, quedou un xardín moi acolledor.

Venres, 7 de abril

domingo, 2 de abril de 2017

Facendo xabóns

Co comezo da primavera decidimos empezar co noso obradoiro de xabóns. Contamos estes días coa axuda dos nenos e nenas de educación infantil que asistiron entusiasmados a esta actividade. Partimos de xabóns de glicerina de varias cores, aos que engadimos flores, follas ou outro tipo de decoración como purpurina de formas. Os rapaces e rapazas de 4º ESO colaboran decorando as bolsiñas nas que se presentarán os xabóns. E este foi o resultado: 

Bolsiñas para Educación Infantil 3 anos


Educación Infantil 5 anos

sábado, 18 de marzo de 2017

Olores que son palabras

A continuación reproduzo un fragmento de Carlos Scolari publicado en La Vanguardia e titulado Inteligencia vegetal.

Las plantas son, además, seres conscientes y sociales. Perciben tanto su propio ser como todo aquello que las rodea. No sólo comparten datos o crean alianzas con otros organismos vegetales, también lo hacen con animales. Emiten moléculas llamadas COVB, unos compuestos volátiles de origen biogénico, que usan como forma de comunicación. Las plantas aromáticas, por ejemplo, producen olores concretos que muy probablemente sean palabras, de “una auténtica lengua vegetal, de la que todavía sabemos muy poco”; y las plantas con flor, otros que les permiten comunicarse con insectos polinizadores, mediante mensajes privados. Es sabido que los árboles compiten en altura o en expansión para asegurarse la supervivencia alcanzando la fuente de agua o los rayos de sol; no lo es tanto que cuando una planta reconoce genéticamente a otra en su entorno, en lugar de competir con ella, establece estrategias de cooperación. Se podría decir, por tanto, que se siguen leyes de parentesco similares a las humanas en el reino vegetal.



domingo, 5 de marzo de 2017

Exposición en marcha




Traballando no cole


Nas vindeiras semanas comezaremos a realizar as actividades deseñadas para o proxecto de Voz Natura deste ano. Depois dun primeiro trimestre no que asistimos a varios obradoiros relacionados coa temática proposta e de visitar o Museo de Historia Natural de Santiago, agora xa estamos mans á obra: os rapaces e rapazas de 3º ESO están preparando mobiliario para que podamos gozar do noso xardín de plantas aromáticas. Asistiremos a un obradoiro para aprender as noción básicas da apicultura e poremos en marcha a plantación das aromáticas no noso patio. Elaboremos xabóns, perfumes e aceites naturais. 





O tempo está tolo...





Ou máis ben estamos tolos nós? No noso centro procuramos desenvolver actividades que axuden a crear unha clara conciencia medioambiental, pero o certo é que debemos esixir aos gobernantes que se impliquen algo máis. Neste día adicado á eficiencia enerxética debemos tratar de convertir dunha vez esas enerxías alternativas en reais.