Páxinas

mércores, 23 de novembro de 2016

O Magnolio de Xuvia

En Galicia temos moitas árbores centenarias, árbores que nos acompañaron durante varios séculos da nosa historia, testemuñas dos nosos cambios. En Viveiro é moi visitado o gran eucalipto apodado O Avó, na Estrada atopamos a árbore máis vella de Galicia, unha sobreira datada en tempos dos Reis Católicos.
No concello de Narón, aquí preto do noso centro, na desembocadura do río Xuvia, atopamos un exemplar incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia: un Magnolio Común.
A esta árbore calcúlanselle uns 300 anos, o único exemplar desa idade que se conserva en Galicia.
Probablemente o tivera plantado algún mariñeiro local ou algún emigrante que o puido traer como algo exótico, xa que é orixinario de América do Norte.
As follas e flores desta árbore presentan propiedades curativas, xa que na Idade Media usábanse en infusión para aliviar as molestias dixestivas e para curar a gota.
O pasado ano saltou a alarma sobre o estado desta árbore, porque perdeu follas e as que tiña amareleaban, probablemente tivera algo que ver nesta situación as obras de saneamento que se viñan desenvolvendo no paseo.
Desde hai uns anos incluímos as visitas a esta árbore centenaria dentro das actividades do centro, coa finalidade de que os nosos rapaces coñezan e aprecien o seu valor.

3º ESO



luns, 21 de novembro de 2016

Exposición Plantas Aromáticas

Nos primeiros días de curso e a modo de presentación, expuxemos na entrada do centro algunhas plantas aromáticas ben coñecidas como a lavanda, a menta, a melisa, a alfádega... Este foi o punto de partida das numerosas actividades que desenvolveremos este ano dentro do programa Voz Natura.


O ataque da velutina.



Preséntovos un vídeo no que se nos amosa como a avespa asiática ou velutina ataca as cosas colmenas, sendo unha seria amenaza para a supervivencia das abellas, con todo o que iso conleva para o bo desenvolvimiento do ciclo natural. O autor deste vídeo é César Galdo, un xornalista, realizador e fotógrafo do veciño concello de San Saturnino.

luns, 7 de novembro de 2016

Herbas de aquí e de acolá

Durante este curso 2016-2017 participaremos no programa Voz Natura cun proxecto que leva por título "Herbas de aquí e de acolá" sobre plantas aromáticas. Son varias as actividades que temos programadas, ás que se engadirán todas aquelas que teñan como finalidade o coidado e o respeto ao medio ambiente. Comeza aquí unha nova aventura na que participarán alumnos e alumnas de diferentes niveis, e tamén o profesorado do centro incidindo así no carácter interdisciplinar do proyecto.