Páxinas

domingo, 28 de febreiro de 2016

O noso carballo.

Carballo no patio do colexio Jorge Juan-Xuvia

Esta semana comezaremos a presentación e o coñecemento das diferentes especies de árbores que temos no noso patio. Contamos cun exemplar de carballo, Quercus robur, que será o primeiro en ser estudado: traballaremos as súas características, todas as especies que nel habitan, os seus usos medicinais, os perigos que o ameazan... todo para coñecer un pouco máis esta especie autóctona que habita dende hai tanto tempo nas nosas fragas.

mércores, 10 de febreiro de 2016

As árbores do noso patio.

Seguindo coas actividades do noso proxecto "A raíz de todo" - Voz Natura, os rapaces e rapazas de 5º EP encargáronse da catalogación das árbores do noso patio. A ficha que cubriron foi deseñada por Andrea Seoane, alumna de 4º ESO.
Proximamente iremos presentando  as diferentes especies catalogadas  a través de fotografías acompañadas da súa correspondente ficha.
Neste 2º trimestre unha das actividades que realizaremos será a prantación de castiñeiros, ampliando así con esta especie o noso pequeno bosque.


domingo, 10 de xaneiro de 2016

Muíño de Pedroso

O pasado trimestre todo o alumnado da ESO fixo unha visita moi productiva ao Muíño de Pedroso. Alí traballaron novamente no recoñecemento das árbores autóctonas, sobre todo daquelas que medran á beira dos nosos ríos. Aprendéronlles a potabilizar auga e a contruír unha cabana no monte con pólas e materiais que atopasen. Foi unha xornada de mañá e tarde na que, ademais de poder observar a propia natureza, conviviron nun xantar e asistiron e participaron nunha representación na que se traballaba a interculturalidade.

Río Xuvia





Baixo os castiñeiros

luns, 26 de outubro de 2015

A nosa exposición medrando día a día.





A exposición onde amosamos todo o recollido durante as nosas saídas xa está en marcha nos corredores do noso cole. Pouco a pouco vaise enchendo de froitos: castañas, abelás, noces, landras... follas, bugallos, toros de árbores autóctonas, millo, cabazas... e todo o que os alumnos aporten coa finalidade de ir coñecendo un pouco máis os cambios producidos na natureza que nos rodea...