Páxinas

martes, 30 de maio de 2017

Concurso Trampeo

Con motivo da Día das Abellas, alumn@s do cole participaron nun concurso promovido pola Asociación Galega de Apicultura (AGA), no que lles ensinaban a crear trampas caseiras para velutinas, especie que actualmente supón unha seria ameaza para as colmeas e para a producción de mel da comarca. Así que os rapaces e rapazas de primaria puxéronse mans á obra e como resultado do seu traballo recibiron agasallos relacionados co mundo das abellas. 

Entrega de agasallos no Centro Comunitario Manuela P. Sequeiro

martes, 23 de maio de 2017

Stop Velutina


Dentro das actividades do noso proxecto de Voz Natura destacou este ano o espazo adiado ao coñecemento e á protección do mundo das abellas. Por este motivo invitamos o mes pasado a membros da Asociación Galega de Apicultura (AGA) para que nos falaran do mundo das abellas e nos axudase a coñecelo mellor. Tras explicar todas as amenazas ás que están expostas, pareceunos moi interesante o traballo que se está a desenvolver en toda a comarca para loitar contra a vespa velutina. Ensináronnos a facer trampeo, e moitos dos nosos alumnos participaron coas súas propias trampas co fin de evitar que as vespas raíñas fagan niños e acaben amenazando as cosas colmenas.



venres, 14 de abril de 2017

A plantación

A comezos de abril recibimos algunhas plantas aromáticas e decidímonos a deseñar entre todos o noso pequeno xardín. Aínda faltan plantas por chegar, pero mentres movemos algo a terra e preparámola para plantar unha maciñeira autóctona que agardamos que dentro duns anos nos dea mazás de cedo, en xuño. Agradecer o traballo a todos os rapaces e rapazas da ESO que colaboraron, quedou un xardín moi acolledor.

Venres, 7 de abril

domingo, 2 de abril de 2017

Facendo xabóns

Co comezo da primavera decidimos empezar co noso obradoiro de xabóns. Contamos estes días coa axuda dos nenos e nenas de educación infantil que asistiron entusiasmados a esta actividade. Partimos de xabóns de glicerina de varias cores, aos que engadimos flores, follas ou outro tipo de decoración como purpurina de formas. Os rapaces e rapazas de 4º ESO colaboran decorando as bolsiñas nas que se presentarán os xabóns. E este foi o resultado: 

Bolsiñas para Educación Infantil 3 anos


Educación Infantil 5 anos