![]() |
| 3º ESO |
Páxinas
xoves, 27 de febreiro de 2014
mércores, 26 de febreiro de 2014
A Esmorga
Nestes días estáse levando a cabo en Ourense a rodaxe do filme "A Esmorga" baseado na novela de Eduardo Blanco Amor. A película está dirixida por Ignacio Vilar, director doutros filmes como "Pradolongo" e "Vilamor" dun novo filme de Ignacio Vilar. Os actores protagonistas son Morris, Miguel de Lira e Karra Elejalde. Estaremos pendentes das novas que xurdan arredor desta rodaxe.
luns, 24 de febreiro de 2014
Día de Rosalía
Un 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela a ilustre escritora galega Rosalía de Castro.No día de hoxe hai numerosas actividades nas que podemos participar e que nos achegan un pouco máis á súa obra. Na Radio Galega ofrecen ás 19,00h no seu Diario Cultural un programa especial dende a Casa-Museo.
![]() |
| "Adiós ríos, adiós fontes". |
domingo, 23 de febreiro de 2014
Ubicando a literatura.
Aquí vos presento este interesante proxecto: unha web con 1500 obras literarias, os seus autores e os lugares onde transcorre a trama. O obxectivo desta ferramenta é o de conectar aos lectores cos lugares onde teñen lugar as historias que leron algunha vez: Placing Literature
![]() |
| Londres |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



