Páxinas

domingo, 23 de febreiro de 2014

Ubicando a literatura.

Aquí vos presento este interesante proxecto: unha web con 1500 obras literarias, os seus autores e os lugares onde transcorre a trama. O obxectivo desta ferramenta é o de conectar aos lectores cos lugares onde teñen lugar as historias que leron algunha vez: Placing Literature


Londres

sábado, 15 de febreiro de 2014

Sabedes que son...

as gardas dos libros?
Pois son as primeiras páxinas que van pegadas ao interior da tapa. Moitas veces son de cor branca, pero nos libros ilustrados podemos atopar auténticas marabillas.Aquí podes ver algunhas.


venres, 14 de febreiro de 2014

Como chove miudiño...

Esta imaxe seguro que vos resulta familiar; pois parece ser que imos seguir con máis do mesmo. Polo tanto parece un bo momento para disfrutar das lecturas propostas. Xa sabedes facédevos acompañar de "Contos por palabras", de "Tanis I", de "As cousas claras" e de "Fantasmas de luz". Pasade un bo fin de semana, lendo, falando, descansando...  e ata o luns!



Charla de O Monte é a nosa Vida

Esta semana visitáronnos de novo Yésica e José Ángel, os rapaces de Confemadera, que viñeron darnos unha charla moi entretida sobre a importancia das árbores na nosa vida. Espero que vos animedes a participar no concurso que organizan, así que en poucos días publicaremos aquí as bases. De momento aquí vos deixo unha testemuña gráfica da súa visita.