O venres 11 de maio estréase en Narón (nos cines de Odeón) a película galega "Vilamor". Os rapaces de 4º xa viron este curso "Pradolongo", o anterior filme do director Ignacio Vilar.
"Vilamor" transpórtanos á Galicia do ano 1976, onde Breixo descubre unha comuna "hippy" na aldea de Vilamor. A el sedúcelle ese estilo de vida polo que estará disposto a axudalos a recuperar a aldea.
Animádevos a ir vela. Despois comentámola.
se e tan boa coma a de Pradolongo lle poño un 9 parece boa polo menos conta con alguns dos bos actores desa pelicula ainda que non a vin pero creo que pode estar ben. Xa se vera maña cando veñan os personaxes
ResponderEliminarA película está moi ben, amósanos outra maneira de vivir e de pensar,eses prexuízos que nunca axudan a nada, fermosas paisaxes, actores, actrices e equipo galegos... Bo cine galego e feito en Galicia, algo que nunca nos poderá ofrecer o mercado estranxeiro. Como dicían por aí: "Somos unha potencia"
ResponderEliminar