Páxinas

luns, 26 de outubro de 2015

A nosa exposición medrando día a día.





A exposición onde amosamos todo o recollido durante as nosas saídas xa está en marcha nos corredores do noso cole. Pouco a pouco vaise enchendo de froitos: castañas, abelás, noces, landras... follas, bugallos, toros de árbores autóctonas, millo, cabazas... e todo o que os alumnos aporten coa finalidade de ir coñecendo un pouco máis os cambios producidos na natureza que nos rodea...

Dándolle a benvida ao outono



Dentro das actividades programadas dentro do programa Voz Natura "A raíz de todo" para este trimestre,  o pasado xoves 15 de outubro os nenos e nenas de Educación Infantil saíron ao bosque a recoller follas coas que elaboraron divertidos murais. As rapazas e rapaces de 1º e 2º de Educación Primaria recolleron e clasificaron os froitos que atoparon, tamén observaron algúns cogumelos, polo que esta foi unha xornada moi productiva. Todo este traballo quedará recollido nunha exposición que día a día vai medrando coas aportacións de todos.






domingo, 4 de outubro de 2015

Coñecendo

O mércores 1 de outubro realizamos unha das primeiras actividades previstas dentro do noso proxecto "A raíz de todo", co cal participamos en Voz Natura. Os alumnos e alumnas da Eso, xunto coas titoras, fixeron un roteiro polos montes da parroquia de Sedes (Narón). Alí a través dunha actividade organizada polo concello de Narón, os rapaces tiveron a oportunidade de poder coñecer as especies de árbores autóctonas,  diferenciar tipos de bosques, sorprenderse coas múltiples pegadas de animais atopadas,  fixarse nas postas de anfibios nunha charca, descubrir os primeiros fungos, recoñecer os nosos ecosistemas e sobre todo compartir unha mañá diferente rodeados do máis valioso que temos, a Natureza.

Aldea Nova- Sedes