Páxinas

domingo, 8 de maio de 2016

Charla Prevención de Incendios

O xoves 5 de maio visitounos o Seprona. Todos os alumnos e alumnas do centro asistiron a charlas, acomodadas ás súas idades, sobre a prevención de incendios. Insistiuse na idea de conservar e respectar a nosa flora e a nosa fauna. Coñecimos tamén o importante traballo que vén desenvolvendo o Seprona na nosa comunidade, as súas funcións e a seu intenso labor para  manter coidado o medio ambiente. Os rapaces e rapazas tiveron tamén ocasión de ver os vehículos que utiliza o corpo no seu día a día. Resultou unha xornada moi interesante na que todos se amosaron moi participativos e interesados.

Probando os vehículos do Seprona