Páxinas

mércores, 19 de marzo de 2014

Participamos no concurso "O monte é a nosa vida"

O grupo de 3º ESO participará na categoría individual cos seus traballos na nova edición do concurso "O monte é a nosa vida".

3º ESO no camelio centenario do Paseo de Xuvia

"Adiós ríos, adiós fontes" ... en gaélico, inglés e galego.

Grazas á súa profesora galega, os nenos da escola St. Mary´s Primary School de Mullaghabawn en Irlanda do Norte recitan en gaélico, galego e inglés os versos de Rosalía.


"Adiós ríos, adiós fontes"

venres, 14 de marzo de 2014

Aos meus compañeiros e compañeiras...

Tras moitas publicacións, non quería chegar á número 40 sen agradecer o seu traballo á xente que fai que todo isto funcione: aos meus compañeir@s.
E como di Sés nesta Milonga de aquí "quero bailar ao ritmo do que vive ilusionado...".  
(Escoitade esta proposta sonora)


mércores, 12 de marzo de 2014

AID

 

Aída Alonso é unha rapeira galega coñecida como AID. É cantante e compositora, actualmente reside en Vigo. Dentro da súa discografía destacan entre outros títulos "Perdonavidas", "Apréndeo" e o seu máis recente traballo "Hacer lo que quiero".

Novos Talentos

Aproxímase unha nova edición do concurso Novos Talentos organizado por Coca Cola e no que este ano partiparán tres alumnos de 2º de ESO. O 21 de marzo e o 4 de abril terá lugar a proba no  Instituto Saturnino Montojo, en Ferrol. Moita sorte a Cris, Tamara e Miguel!

2º ESO("No tienes remedio"- anuncio Coca Cola)

domingo, 9 de marzo de 2014

E por fin... saíu o sol.


Así que aproveitamos para dar un paseo á beira do río Xuvia. A nosa idea era fotografarnos ao pé do magnolio centenario que hai ao comezo do paseo, pero saíron con moita luz. Aquí tedes esta na que estades todos moi favorecidos... 
E para celebrar esta novidade meteorolóxica acompañade a vosa visita ao blog escoitando esta canción tan positiva como fondo.

mércores, 26 de febreiro de 2014

A Esmorga

Nestes días estáse levando a cabo en Ourense a rodaxe do filme "A Esmorga" baseado na novela de Eduardo Blanco Amor. A película está dirixida por Ignacio Vilar, director doutros filmes como "Pradolongo" e "Vilamor" dun novo filme de Ignacio Vilar. Os actores protagonistas son Morris, Miguel de Lira e Karra Elejalde. Estaremos pendentes das novas que xurdan arredor desta rodaxe.


luns, 24 de febreiro de 2014

Día de Rosalía

Un 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela a  ilustre escritora galega Rosalía de Castro.No día de hoxe hai numerosas actividades nas que podemos participar e que nos achegan un pouco máis á súa obra. Na Radio Galega ofrecen ás 19,00h no seu Diario Cultural un programa especial dende a Casa-Museo.

"Adiós ríos, adiós fontes".

domingo, 23 de febreiro de 2014

Ubicando a literatura.

Aquí vos presento este interesante proxecto: unha web con 1500 obras literarias, os seus autores e os lugares onde transcorre a trama. O obxectivo desta ferramenta é o de conectar aos lectores cos lugares onde teñen lugar as historias que leron algunha vez: Placing Literature


Londres

sábado, 15 de febreiro de 2014

Sabedes que son...

as gardas dos libros?
Pois son as primeiras páxinas que van pegadas ao interior da tapa. Moitas veces son de cor branca, pero nos libros ilustrados podemos atopar auténticas marabillas.Aquí podes ver algunhas.


venres, 14 de febreiro de 2014

Como chove miudiño...

Esta imaxe seguro que vos resulta familiar; pois parece ser que imos seguir con máis do mesmo. Polo tanto parece un bo momento para disfrutar das lecturas propostas. Xa sabedes facédevos acompañar de "Contos por palabras", de "Tanis I", de "As cousas claras" e de "Fantasmas de luz". Pasade un bo fin de semana, lendo, falando, descansando...  e ata o luns!



Charla de O Monte é a nosa Vida

Esta semana visitáronnos de novo Yésica e José Ángel, os rapaces de Confemadera, que viñeron darnos unha charla moi entretida sobre a importancia das árbores na nosa vida. Espero que vos animedes a participar no concurso que organizan, así que en poucos días publicaremos aquí as bases. De momento aquí vos deixo unha testemuña gráfica da súa visita.

sábado, 1 de febreiro de 2014

Quen poidera namorala...

Para os de 4º de ESO, que recoñecerán enseguida a letra. O vídeo pertence á película "Pradolongo" de Ignacio Vilar que tamén veremos este curso.

Contaxia a lectura.


"Fantasmas de luz"

Nestes días seguro atoparedes un bo momento para comenzar a lectura de "Fantasmas de luz" do escritor Agustín Fernández Paz. Unha agradable lectura para un fin de semana coma este.