![]() |
| Probando os vehículos do Seprona |
Páxinas
domingo, 8 de maio de 2016
Charla Prevención de Incendios
O xoves 5 de maio visitounos o Seprona. Todos os alumnos e alumnas do centro asistiron a charlas, acomodadas ás súas idades, sobre a prevención de incendios. Insistiuse na idea de conservar e respectar a nosa flora e a nosa fauna. Coñecimos tamén o importante traballo que vén desenvolvendo o Seprona na nosa comunidade, as súas funcións e a seu intenso labor para manter coidado o medio ambiente. Os rapaces e rapazas tiveron tamén ocasión de ver os vehículos que utiliza o corpo no seu día a día. Resultou unha xornada moi interesante na que todos se amosaron moi participativos e interesados.
luns, 21 de marzo de 2016
Plantación de castiñeiros.
O pasado venres 11 de marzo realizamos unha plantación de castiñeiros noso patio. Foi unha mañá na que a temperatura e o sol nos acompañaron. Foi o noso particular Día da Árbore, todos os rapaces, rapazas e profesores do cole colaboraron tanto na plantación como na lectura dun manifesto e dun poema de Manuel María titulado "A natureza". Esta é unha das actividades programadas dentro do proxecto "A raíz de todo" de Voz Natura.
![]() |
| Educación Infantil e Primaria |
![]() |
| Todos axudan |
![]() |
| Alumnas de 5º EP |
![]() |
| Alumnos de 4º ESO plantando os castiñeiros. |
![]() |
domingo, 28 de febreiro de 2016
O noso carballo.
![]() |
| Carballo no patio do colexio Jorge Juan-Xuvia |
Esta semana comezaremos a presentación e o coñecemento das diferentes especies de árbores que temos no noso patio. Contamos cun exemplar de carballo, Quercus robur, que será o primeiro en ser estudado: traballaremos as súas características, todas as especies que nel habitan, os seus usos medicinais, os perigos que o ameazan... todo para coñecer un pouco máis esta especie autóctona que habita dende hai tanto tempo nas nosas fragas.
mércores, 10 de febreiro de 2016
As árbores do noso patio.
Seguindo coas actividades do noso proxecto "A raíz de todo" - Voz Natura, os rapaces e rapazas de 5º EP encargáronse da catalogación das árbores do noso patio. A ficha que cubriron foi deseñada por Andrea Seoane, alumna de 4º ESO.
Proximamente iremos presentando as diferentes especies catalogadas a través de fotografías acompañadas da súa correspondente ficha.
Neste 2º trimestre unha das actividades que realizaremos será a prantación de castiñeiros, ampliando así con esta especie o noso pequeno bosque.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







